Novidade (56): Auga e lume, de Pere Tobaruela

Asómase hoxe á sección de novidades este Auga e lume, de Pere Tobaruela, que foi galardoado ex aequo co Premio Meiga Moira de literatura infatil e xuvenil. Novela, segundo fontes editoriais, protagonizada por Deva, unha moza da época galaicorromana e  Paulo, un rapaz do século XXI, asomados a unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade. Na novela “fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiño facía referencia a uns feitos que daquela supostamente cambiaron o curso da historia do mundo…”.