Novidade (57): A formiga fóra do carreiro, de Raquel Castro

Raquel Castro, posuidora dunha apreciable bibliografía creativa, achégase de novo ao xénero teatral con A formiga fóra do carreiro. Dada a escaseza de publicacións neste xénero, aínda máis cando a autora orienta esta peza cara a un público xuvenil, recibir esta nova achega supón unha alegría e unha aposta, decidida, pola importancia do teatro como elemento fundamental para obter unha formación plena.