Novidades (58): Máis Rennè Gosciny en Oqueleo

Descubrir, ou reler, as obras de Rennè Gosciny sempre é unha regalía. Oqueleo vén de poñer en circulación dous novos volumes deste autor francés –Os amigos do Nicolasiño e mais Os problemas do Nicolasiño– en coidada e envexable tradución de Antón Palacio. Gosciny, pois, foi algo máis que o creador de Astérix, foi tamén creador desta serie entrañable pola que non pasa o tempo.