Abro unha nova sección no blog ante a imposibilidade de dar conta das novidades editoriais de maneira independente.
Sabía da existencia do selo Dr. Alveiros que editaba diversas publicacións da Fundación Vicente Risco pero descoñecía algúns dos títulos que chegaron ao meu poder dos que deixo aquí constancia para as persoas interesadas. Trátase, concretamente, dos títulos que acollen os ensaios galardoados na vixésimo primeira e vixésimo segunda edición do premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais, con propostas de Comba Campoi, Diego Amoedo, Roberto Fernández Álvarez e mais Maribel Iglesias Maldonado sobre o teatro de títeres de Barriga Verde, usos e desusos das terras de Tourém, unha historia crítica da medicina rural en terras esquecidas e o escultor Asorey, respectivamente, alén dunha Breve biografía dum pseudopoeta, de Yasuhiro Yotsumoto, traducido directamente do xaponés por Gabriel Álvarez Martínez e mais o libro colectivo Contos do sacaúntos. Romasanta e as mulleres. A miña gratitude por este xeneroso envío.