Caixa de libros (VI): novidades en Cartoné

Cadran tamén estes días dúas novidades de Irmás Cartoné. A primeira trátase da tradución á lingua galega dun libro de Virginia Woolf titulado A señora Dalloway, a cargo de Celia Recarey Rendo; a segunda unha fermosa axenda titulada Plano detallado do ano 2019 e da súa área metropolitana, elaborado pola Oficina de Recomendacións Literarias: especialmente deseñada para letraferits, pero non só. Este blog agradece o detalle.