O Caderno da crítica recibiu, días atrás, tres volumes que se corresponden a unha novela da escritora italiana Michela Murgia, que traduce Moisés Barcia, baixo o título de Acabadora. Ao tempo, tamén aparece unha nova tradución da colección Vétera que acolle un texto en sánscrito, traducido ao galego grazas a Iván Sende, baixo o título de Bhagavad Gītā e atribuído orixalmente a Vyāsa, que en sánscrito significa ‘o recompilador’ ou ‘o editor’.
Por último, Sushi Books, pon en circulación o título Os Bandiden, de Siri Kolu, igualmente en tradución de Moisés Barcia.