Cuestionario Proust: Pablo L. Orosa

Pablo L. Orosa

 1.– Principal trazo do seu  carácter?

– O autocontrol.

2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?

– A de saber dicir non (ou o que non queremos escoitar).

3.– Que agarda das súas amizades?

-Compaña para as aventuras e acubillo para as desventuras.

4.– A súa principal eiva?

O inconformismo.

5.–  A súa ocupación favorita?

-Volver de viaxe.

6.–  O seu ideal de felicidade?

-Un almorzo de domingo na casa tras unha viaxe e coa perspectiva de poñerme a escribir sen a presión do tempo.

7.– Cal sería a súa maior desgraza?

-Chegar ao momento de mirar atrás e arrepentirme do que non fixen.

8.– Que lle gustaría ser?

-Un tempo atrás diría que futbolista. Despois quixen ser Pantani ou o ‘Chava’ Jimenez. Agora xa me gusta o que son.

9.– En que país desexaría vivir?

Arxentina ou Australia.

10.– A súa cor favorita?

-O azul. Ás veces tamén o amarelo.

  1. – A flor que máis lle gusta?

A xacarandá.

12.– O paxaro que prefire?

-Os pelicanos. Teño unha relación de amor-odio con eles dende que me atacou un en Cuba.

13.– A súa devoción na prosa?

A constante no tempo son os libros de Rivas, mais hai outras voces polas que devezo: Sábato, Ray Loriga, Leila Guerriero, Llámame Brooklyn de Eduardo Lago, La Lluvia Amarilla de Julio Llamazares ou Tierra Sonámbula de Mia Couto.

14.– E na poesía?

Non son lector de poesía, pero levo tempo con isto de Borges na cabeza: Bruscamente la tarde se ha aclarado / Porque ya cae la lluvia minuciosa. / Cae o cayó. La lluvia es una cosa / Que sin duda sucede en el pasado. 

 15.-Un libro?

Llámame Brooklyn de Eduardo Lago. Sempre volvo a el.

16.– Un heroe de ficción?

-Batman.

17.– Unha heroína?

Silueta, de Watchmen.

18.– A súa música favorita?

-Diría que Sabina é a banda sonora da miña vida, aínda que teño tempadas que as paso con Counting Crows e Zac Brown Band. Estes últimos meses vivo entre Morgan e Ezetaerre.

19.– Na pintura?

-Lugrís. ‘Menos derrotismo; máis surrealismo’.

20.–  Un heroe ou heroína na vida real?

-Meus avós. En xeral sinto moita admiración pola xente que é quen de sobrepoñerse ás miserias da vida sen perder o sorriso.

21.– O seu nome favorito?

Nuno.

22.– Que hábito alleo non soporta?

-O abuso de poder.

23.– O que máis odia?

-As vitorias do Real Madrid, ha, ha, ha.

24.– A figura histórica que máis despreza?

-Coido que cada figura é filla do seu contexto, pero si teño especial desprezo polos cómplices, os que quedan calados ante as inxustizas. Os colaboracionistas que se repiten en cada conflito.

25.– Un feito militar que admire?

-A ofensiva do Tet e a contraparte da guerra secreta en Laos.

26.– Que don natural lle gustaría ter?

-O da inmortalidade.

27. – De que maneira lle gustaría morrer?

-Se teño que morrer, que sexa durmindo.

28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?

-Expansivo. Sempre argallando.

29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

Os que causa o sono pola mañá.

30.– Un lema na súa vida?

-Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.