Novidades (59): Novo mundo. Isabel Zendal na Expedición da Vacina, texto e ilustracións de “El primo Ramón”

Bululú, coa cooperación da Asociación Isabel Zendal da Coruña, achéganos un volume que recrea, en gran formato e depositando unha especial atención nas ilustracións, a historia protagonizada por Isabel Zendal e a célebre Real Expedición Filantrópica da Vacina. As persoas responsables do texto e ilustración son Borja Ramón López Cotelo e María Olmo Béjar, que asinan baixo a denominación de “El primo Ramón”. e contaron co apoio documental de Antonio López Mariño mentres que a tradución á lingua galega correu a cargo de Maruxa Zaera Landeira.