Volvín onte, levado da man do Lapis na noite, á que foi a miña casa tantos anos. No IES Valadares de Vigo participei no Club de Lectura Lendo no Galiñeiro. Por razóns obvias foi un encontro cheo de moita emoción, que tardará en disiparse. Non podo, aínda, máis que dar as grazas pola vosa calorosa acollida. Lévovos sempre canda min.
Deixo aquí algunhas fotos do acto (grazas, Fernando!).