Caixa de libros (IX): novidades de Através Editora

Enriquécese a colección Alicerces, de Através Editora, con dous novos volumes de carácter ensaístico e divulgativo, co obxectivo depositado en estimular o espirito crítico, como son, da man da crítica de arte Natalia Poncela,  Nem tudo é arte? Mod@s de olhar e mais Novas masculinidades. O feminismo a (de)construir o homem, de Jorge García Marín. Sexan os dous benvidos.