Caixa de libros (X): novidades de Toxosoutos

Asómanse ao Caderno da crítica tres novidades de Toxosoutos como son estes dous ensaios: Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón): Historia dun escarnio durante a Primeira Guerra Carlista, de Severino Fernández Abel e mais O coto de Rubillón. Historia dun territorio monástico, de Xesús Antonio Gulías Lamas. A carón destes tamén o selo noiés pon en circulación o título spleen en catro tempos, un poemario de Arancha Nogueira prologado por Susana S. Arins. Sexan todos benvidos.