Novidade (59): O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, de Antonio Manuel Fraga

Recibe o Caderno da crítica o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil que recaeu nunha novela de Antonio Manuel Fraga titulada O bestiario científico de Anxos Nogueirosa e que conta, nunha espléndida edición, con ilustracións a cargo de Víctor Rivas. Velaquí a información subministrada pola editorial Urco e  engado os meus parabéns ao autor por idear e darlle forma a esta suxestiva historia:

1933. AOS SEUS TRECE ANOS, SUSO É OBRIGADO A PASAR O VERÁN NAS COLONIAS DO SANATORIO MARÍTIMO DE OZA POR MOR DA SÚA MALA SAÚDE. NO TRAXECTO EN TREN CARA AO SEU DESTINO ESTIVAL, CHEGA ÁS SÚAS MANS UN CADERNO CUN MISTERIOSO TÍTULO NA CUBERTA: LIBER BESTIARIUM SCIENTIFICUS. CANDO SUSO DECIDE MERGULLARSE NAS SÚAS PÁXINAS, LONXE ESTÁ DE SABER QUE ESE INTRE MARCARÁ UN VERÁN CHEO DE AVENTURAS NA COMPAÑA DE TILA, UNHA RAPAZA DAS COLONIAS COA QUE ACABARÁ FORXANDO UNHA BONITA AMIZADE.