Novidade (60): O Señor dos Aneis, de J.R.R. Tolkien

Aborda Sushi Books unha iniciativa consistente na publicación da triloxía que compón O Señor dos Aneis, de J.R.R. Tolkien nun único volume encadernado en cartoné forrado en símil pel e estampación dourada.  A tradución corresponde a Moisés Barcia, responsable tamén deste labor na edición en tres volumes que hai algúns anos realizou Xerais.

Deixo aquí tanto a nota informativa da editorial como a gratitude do Caderno da crítica por este envío:

O hobbit Frodo viaxa para destruír o Anel Único e o inimigo provocará unha guerra para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o señor escuro Sauron. 

Ambientada na Terra Media, habitada por elfos, hobbits, ananos e humanos, O Señor dos Aneis é a historia do heroe do pobo que, aínda sabendo que o seu destino pode ser fatal, loita por cumplilo, pois del depende a continuidade do seu mundo. 

Escrita como unha secuela d’O Hobbit, esta obra bebe dos contos de fadas e da mitoloxía, especialmente nórdica, e hoxe forma parte da cultura popular, xa que é unha das obras máis lidas da literatura actual, cuns 150 millones de exemplares vendidos.