Con limiar de Xesús Alonso Montero o Caderno da crítica recibe Cavilacións, o último libro de Bieito Ledo, con cuberta baixo a responsabilidade de Antón Pulido e publicado por Ir Indo: reflexións e relatos inspirados nunha vivencia ou nun feito, na liña do seu anterior libro publicado en 2006 baixo o título de Aconteceres. Sexa benvido.