Novidade (63): Hamlet, de William Shakespeare (Edward de Vere)

Todos os anos a editorial ourensá Linteo agasalla o Caderno da crítica cun detalle que sempre se agradece. Nesta ocasión trátase dun clásico como é o Hamlet, que foi traducido ao galego naquela meritoria colección “Clásicos en galego” hai xa vinte e cinco anos por Miguel Pérez Romero.

A presente tradución respecta, por vez primeira en castelán, a métrica e mais o ritmo orixinais baixo a responsabilidade do poeta, dramaturgo e compositor Millán Picouto. Alén do meritorio esforzo que supón unha tradución deste carácter cómpre salientar un extenso limiar a cargo do propio tradutor que abraza a convicción de que a figura de William Shakespeare se corresponde na realidade a Edward de Vere, conde de Oxford, deseñando un relato pormenorizado tanto das causas que o levaron a adoptar aquel pseudónimo como da xestación das súas obras á luz da súa propia biografía.