As entradas máis vistas no 2018

Velaquí as entradas máis visitadas neste 2018 que acaba. Comentarios sobre libros de María Victoria Moreno, Anaír Rodríguez, Santiago Lopo, María Solar, Andrea Barreira, Baía Fernández de la Torre e Leandro Lamas, Manuel Núñez Singala e María Reimóndez, alén dunha anotación sobre o World Literary Atlas en galego e o obituario de María Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda.

Un ano no que o Caderno da crítica viviu o oitavo da súa existencia cunhas estatísticas que deitan uns resultados que só cómpre agradecer ao límite de triplicar as visitas que recibiu o ano anterior. Quero, pois, agradecer a todas as editoriais galegas, autoras e autores e, abofé, a todas as persoas que pasades por aquí, a vosa atención e fidelidade un ano máis. Seguiremos traballando.