Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (65): Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias

En novembro do ano pasado cumpríronse quince anos desde o falecemento de Xela Arias e este libro confirma a radicalidade -que vén de raíz- dunha estética viva, contemporánea, que segue a latexar con forza e que non se quixo reivindicar como cumpría, non sei se porque a devandita radicalidade foi ou é aínda molesta. Poesía reunida (1982-2004) percorre con criterio a súa obra poética, coméntaa e amósanola por xunto para que non se esqueza que a súa foi unha voz transgresora, renovadora e que seguiu un camiño propio. Un libro esencial que chega baixo a responsabilidade e extremo coidado que nel depositou a profesora María Xesús Nogueira. A min alégrame, por moitas razóns, ter este libro nas mans.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 4 Xaneiro 2019 por en Divulgación,Literatura galega,Poesía , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: