Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Novidade (68): os “Sueños eléctricos” de Ramón Caride

Recibe o Caderno da crítica esta versión dos Soños eléctricos de Ramón Caride Ogando vertida ao castelán da man de David Martín Fidalgo e Uxía Caride Blanco baixo o título de Sueños eléctricos no selo Pigmalión. Non adoito ocuparme de textos escritos noutro idioma que non sexan o galego pero nesta ocasión fago unha excepción para botar a vista atrás e decatarme que van aló vinte e sete anos desde que a edición orixinal desta novela vira a luz tras resultar galardoada co Premio Blanco-Amor que, por vez primeira, llo outorgaba a unha peza narrativa pioneira que puña en valor a relevancia que o xénero da ficción científica podía ter para o noso sistema literario. A proposta, absolutamente fresca e vixente hoxe, cobra arestora nova vida para o lectorado foráneo nunha edición enriquecida, moi enriquecida, con dous atinados textos como son o limiar de Isabel Mociño e un epílogo a cargo de Jorge Emilio Bóveda. Deséxolle unhas moi felices singraduras noutros mares a este texto de Moncho Caride.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: