Novidades (69): colección Feminismos da editorial Galaxia

 

Celebra o Caderno da crítica a recepción da nova colección “Feminismos” que alberga a Editorial Galaxia. Tres títulos abren a serie como son ám@me de Chis Oliveira e Amada Traba, Chámame señora pero trátame coma a un señor de Inma López Silva e Feminicidio de Carme Adán. Libros que xa gozaron nos máis dos casos dunha excepcional acollida e que supoñen, sen dúbida, unha iniciativa precisa e extraordinariamente necesaria sempre, pero aínda máis nestes días que andamos.