Adeus a Arturo Lezcano

Souben hai pouco, grazas ao meu amigo Ramón Loureiro, do falecemento do escritor e xornalista Arturo Lezcano. Hai anos falárame del  Ramón Luís Acuña, o fillo do poeta Manuel Luís Acuña, sempre en termos encomiásticos e en clave de amizade pois constituíra con el unha xeración de artistas, escritores e xornalistas, naquel gris Ourense da posguerra entre os tamén se atopaba, claro é, Carlos Casares.

Non gocei do seu trato pero si chegamos a comunicarnos nalgunhas ocasións por teléfono e por correo electrónico. Incorporei as súas respostas á serie do Cuestionario Proust que deixo aquí e tamén me ocupei, nalgunhas ocasións, das súas creacións ensaísticas ou literarias como Os dados de Deus, que me parecera, no seu día, unha proposta narrativa de moito interese e, como tantas veces ocorre, ben pouco valorada. Descanse en Paz, Arturo Lezcano.