Novidade (78): Adeus, capitán Walton, de Miguel Mato Fondo

Acrecenta, Miguel Mato Fondo, a un longo currículo conformado por numerosos libros de poesía e ensaio, a súa segunda peza narrativa tras Xope de Lilaina (2005). Trátase dun conxunto de cinco de relatos baixo o título de Adeus, capitán Walton, publicado por Edicións Embora,e que o propio autor sitúa no ámbito de “certa inspiración autobiográfica, moi vaga, evocada, traída pola memoria íntima ou por esoutra memoria tumultuosa dos libros, a contemplación de obras de arte, a música”. Sexa benvida esta nova achega do autor de Ponteceso.