Novidade (83): A casa do paralelo 54, de Iria Collazo

Tras dúas propostas que foron do meu interese -a novela Coma unha áncora e o libro de relatos A soidade das medusas, recensionadas puntualmente neste blog- Iria Collazo ofrece  un novo traballo narrativo baixo o título de A casa do paralelo 54Velaquí a súa estrea, con ilustracións de Luz Beloso, como escritora para un lectorado infantil ou xuvenil. Deséxolle moitos éxitos a esta novela pois para min sempre é un motivo de alegría confirmar os novos pasos dados por unha autora que moito estimo.