Sushi Books engade ao seu catálogo A rapaza de tinta e estrelas, de Kiran Millwood Hargrave, en tradución de Moisés Barcia. A novela preséntase, en palabras da editorial, como “unha historia sobre amizade, descubertas, mitos e maxia, ambientada nun universo imaxinado que enganchará os máis novos á lectura”.