Novidade (87): Mapa de estradas lendario de Islandia, de Jón R. Hjálmarsson

Rinoceronte pon estes días nas librarías o título Mapa de estradas lendario de Islandia, de Jón R. Hjálmarsson. Un suxestivo libro presentado pola editorial aludindo a que en Islandia “as historias son inseparables da paisaxe, nacida dunha natureza viva e misteriosa, que non tardou en ser poboada por trasnos, trolls, pantasmas, heroes e magos. Cada recuncho do país inspirou as súas lendas, das que con frecuencia derivan os propios topónimos.
Acompañada por mapas prácticos, esta obra guíanos nunha viaxe por unha illa que conta as lendas dos lugares máis famosos e dos recunchos máis remotos e inexplorados de Islandia”. Unha tradución realizada por Moisés Barcia desde a versión inglesa. Benvida a este blog.