Chega ao Caderno da crítica o último libro do escritor ferrolán Antón Cortizas orientado para unha franxa lectora a partir dos oito anos. Trátase de Non trabes na lingua, con ilustracións de Pepa Prieto Puy anunciado como “un volume de trabalinguas para os máis pequenos. O libro inclúe trabalinguas inventados polo propio Antón Cortizas, outros recollidos en distintos lugares de Galicia, e aínda unha última sección con trabalinguas creados polo alumnado do CEIP Unión Mugardesa. Ademais de deixar algunhas páxinas en branco para que as lectoras e lectores desexosas de continuar co xogo poidan crear as súas propias pezas”. Sexa benvido.