Recibe o Caderno da crítica unha tradución á lingua galega a cargo de Isaac Xubín do título As miñas nanas negras, da escritora colombiana Amalia Lu Posso Figueroa. Este libro articula unha viaxe ao longo de vinte e cinco relatos co obxectivo de poñer en valor a narración de filiación oral da súa rexión natal, o Chocó colombiano, que se sitúa entre o Caribe e o Pacífico. Segundo fontes editoriais “·cada historia -que rescata da memoria da nenez- é un canto alegre á vida, partindo do ritmo e do baile como principais argumentos. As protagonistas destes relatos imaxinativos son mulleres de raíces afrocolombianas nas que ese ritmo vai asociado a unha parte concreta do corpo: a boca, o corazón, as nádegas, as cadeiras…”. Sexa benvido.