Da man de Ánxeles Penas recibe o Caderno da crítica este Amor en femenino, editado polo selo editorial Manuscritos. É este un libro publicado hai tempo en lingua galega, que presentaba unha escolma de poemas de amor realizados por mulleres a cargo de Maximino Cacheiro e que agora Ánxeles Penas traduce ao castelán. A antoloxía inclúe voces que van desde Rosalía de Castro, pasando por Pura Vázquez, Luz Pozo Garza, María do Carme Kruckenberg, María Xosé Queizán, Helena Villar, a propia Ánxeles Penas, Marica Campo, Ana Romaní e Pilar Pallarés ata a voz de Marta Dacosta. Os mellores desexos para a divulgación, fóra de Galicia, da nosa poesía de autoría feminina.