Novidade (91): Alfredo de la Iglesia. O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de Instituto (1911), de Xesús Alonso Montero

Agradece moito o Caderno da crítica a recepción deste volume, editado na colección “Letras da Academia”, da Real Academia Galega, no que o profesor Xesús Alonso Montero dá conta tanto da biografía do (semi)esquecido Alfredo de la Iglesia como dese verdadeiro achado que supón dar a coñecer un Manual de Literatura Galega para escolares de Instituto e que se compuxo no ano 1919.  Un texto interesantísimo desde o punto de vista histórico, pedagóxico e literario. Darase conta del, por extenso, neste mesmo blog máis adiante.