Alégrame recibir esta nova achega literaria da miña prezada Beatriz Maceda quen sigo con especial atención desde a súa primeira achega en forma de libro como foi Man, o alemán de Camelle, álbum ilustrado que tamén contaba, como nesta ocasión, con ilustracións de Laura Veleiro. Nesta ocasión con Lúa en Ningures achégase ás consecuencias das guerras e a descuberta dos valores realmente importantes. Sexa moi benvida esta nova proposta.