Novidade (94): O soño da serpe, de Antonio Seijas

Recibe o Caderno da crítica a primeira novela de Antonio Seijas, historiador da arte, ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Neste caso, O soño da serpe, anúnciase segundo fontes editoriais como unha novela protagonizada por Luz, que “coñece unha muller en busca do seu pasado, e embarca con ela nunha aventura chea de misterio, soños, autocoñecemento e historias que se entrecruzan e das que será parte ata o fin, ao tempo que comproban que a natureza garda segredos impensables”. Alégrame esta chegada de Seijas á creación narrativa: benvido!