Novidade (95): Inscricións, de Carlos Callón

Tras Atravesar o fantasma (2014) velaquí a segunda entrega poética do profesor Carlos Callón. Baixo o título de Inscricións agóchanse, segundo información editorial, “pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistran. A morte. A vida. Todo.” Benvida esta nova incursión do autor ribeirense.