Novidade (98): Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña

Alegroume recibir este volume de Estro Montaña, compañeiro no exercicio da docencia pública e colega en diversos proxectos críticos nos que participamos hai moitos anos. Nesta ocasión Un conto siciliano e outras historias vén engadirse a outras novelas e libros de relatos, ademais de apreciables ensaios que configuran o seu longo currículo. A miña benvida a esta nova mostra do seu traballo narrativo.