Ao que puiden chegar Transmatria, libro galardoado no XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu, é un libro renovador na linguaxe, iconoclasta, insubmiso e que, probablemente por estas e outras razóns, vai dar moito que falar. Alégrame ter nas mans este libro dun autor en absoluta progresión no noso sistema literario que, en poucas datas, terá un novo libro de narrativa nas nosas librarías.