Novidade (100): Singamia 1.1, de Ramón Caride Ogando

Complétase o proxecto AKTUAL, na serie Fóra de Xogo de Xerais, no que Moncho Caride traballou unha década, con Singamia 1.1., derradeiro volume dunha triloxía composta tamén polos títulos Exogamia 0.3 e Endogamia 0.2. Unha iniciativa insólita no panorama da literatura galega contemporánea da que cumprirá encargarse. Parabéns por dar cabo ao proxecto.