Novidade (101): Metafísica da ausencia, de Marcus Daniel Cabada

Primeira obra en lingua galega de Marcus Daniel Cabada, editada no selo Urutau baixo o título de Metafísica da ausencia. En palabras de Israel Sanmartín: “Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia”. Sexa benvida esta primeira incursión, en forma de libro independente, do escritor pontevedrés.