Novidade (102): No camiño do vento, de Sesé Mateo

O Caderno da crítica dá conta da aparición do volume No camiño do vento, asinado por Sesé Mateo, que foi vítima mortal da violencia machista o 20 de febreiro de 2017, en Redondela. Este libro atesoura a memoria da autora a través dos seus textos literarios mais tamén é, sen dúbida, algo máis ca un libro porque foi disposto con agarimo pola súa familia, as súas amizades e as súas compañeiras de traballo e, ademais, constitúe un chanzo máis nese camiño que nos debe irmandar para combater a violencia machista.

Merece máis atención e darémoslla máis adiante, mais polo de agora se queredes saber como conseguir o libro e outra información de interese recoméndovos premer aquí. Grazas ás persoas que me facilitaron que puidese chegar a este blog.