Luísa Villalta: décimo quinto cabodano

Hai quince anos falecía a escritora e docente Luísa Villalta. Hoxe dei cun exemplar da súa Música reservada e con outro de Silencio, ensaiamos, que me seguen a parecer libros extraordinarios. Tamén atopei un par de fotografías que nos fixeron en Gasteiz e Donosti (esta última con Moncho Pena, Carlos Bernárdez e Xavier Alcalá) a finais de outubro de 1994, hai pouco máis de vinte e catro anos, na décimo primeira convocatoria do Galeusca e que incorporo aquí. Asemade creo que pode ser acaído revisar estes dous estupendos documentais sobre Luísa, sempre na nosa memoria.