Novidade (105): Remexido de patacas, de Eli Ríos

Galardoado no XL Premio Modesto R. Figueiredo, prestixioso certame de narracións breves , Eli Ríos publica en Baía Edicións Remexido de patacas: unha nova achega narrativa que fontes editoriais presentan como unha receita para “emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea” cuns ingredientes cifrados en acaídas doses de “equidade, empatía, sororidade e disidencia”.

Sexa benvido este novo libro, igualmente acaído -aínda que non só- para estas vésperas do 8-M, da man dunha das voces de maior proxección nestes últimos anos.