Unha carta inédita de Manuel Lueiro Rey (1974)

Intento non abandonar a atención que merecen algunhas das voces da literatura galega que concitaron o meu interese tempo atrás. Este é o caso, loxicamente, do escritor Lueiro Rey, de quen incorporo aquí unha carta inédita, cortesía do profesor Xesús Alonso Montero.

A carta data de novembro de 1974 cando Lueiro acaba de publicar, en Ediciós do Castro, Non debían medrar (un libro que Edicións Xerais ofreceu nunha nova edición actualizada en abril de 2016). A misiva revela o dato, para min descoñecido, da revisión que realizou o profesor Alonso Montero dunha das primeiras versións da novela ao tempo que recaba a valoración literaria deste último, alén de constatar as primeiras impresións positivas que Lueiro recibiu deste libro. Velaquí a carta e, abaixo, a súa transcrición.

 

 

Pontevedra 24-10-1974

Amigo Xesús: Mándoche o meu “Non debían medrar”. Xa me dirás que che parece. Ti lembraraste que pasou polas tuas mans cando ainda o estaba peneirando. Por ahora tivo boa crítica de xente allea -quero dicir “non amigos”- e iso é siñal de que lles gustou…

De ti pouco sei, non sendo o que de vez en cando “din os periódicos”…

Non deixes de acusar recibo pra saber que chega.

Unha aperta y hastra sempre

(asdo.)