Desde Cráter (2001) non publicaba Olga Novo un libro de poemas. Chega agora, no seo da colección Tambo de Faktoría K de Libros, o título Feliz Idade. O Caderno da crítica agradece esta presenza porque a poeta d´A Pobra do Brollón sempre foi unha voz aquí moi apreciada. Non é difícil sospeitar, folleando algún poema, que este será, é xa, un libro clave para a poesía galega desta década. Deixo aquí, emprestados, tan só tres versos do poema “Tríscele”:
Eramos tres: meu pai, eu e a vida.
Eramos tres: meu pai, eu e a agonía.
Eramos tres: meu pai, eu, e o meu amor que viña.
GRAZAS, Moncho. Tan xeneroso sempre.
Olga.
Moitas grazas a ti, sempre.