Tras Galería de saldos volve a voz de Diego Giráldez ao primeiro plano da actualidade grazas ao seu novo libro –Hotel para coleccionistas discretos– anunciado segundo fontes editoriais como unha “pescuda na relación entre a literatura ficcional e a actualidade máis crúa, retorcendo a realidade con doses de humor e atmosferas delirantes”. Benvida esta nova proposta de Giráldez á que lle desexamos a mellor das sortes posibles desde o Caderno da crítica.