Novidade (116): Antonio Fraguas. Mestre da memoria, de Malores Villanueva

Natural de Cotobade, como Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano, a profesora, editora e investigadora Malores Villanueva publica unha biografía do seu coterráneo baixo o título de Antonio Fraguas. Mestre da memoria. Benvida esta oportuna achega que conxuga no seu título dous termos -“mestre” e “memoria”- que constitúen de seu unha verdadeira invitación á lectura e á aprendizaxe.