Novidade (117): A gran mortaldade, de Calros Solla

Nalgunha ocasión anterior sinalei as senlleiras dimensións do proxecto creativo que leva a cabo Calros Solla. Nesa serie titulada Cerdedo in the Voyager, desde a que promoveu e promove a dignificación da terra cerdedense, aparece arestora A grande mortaldade coa que se estrea no xénero narrativo cun conxunto de relatos encadeados -“para honrar a saudade dos despoxos ou voar”- á que lle desexamos unha feliz andaina.