Novidade (118): Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de X.R. Pena

Cuarto volume dun proxecto senlleiro e monumental para a historia da literatura galega do que se responsabiliza o profesor Xosé R. Pena. Velaquí unha análise pormenorizada do que ocorreu no noso sistema literario desde o comezo da guerra civil ata o ano 1975.