Novidade (121): A revolución vertical, de Ngũgĩ wa Thiong’o

Subtitulado “ou por que os seres humanos camiñan ergueitos”, a editorial Galaxia, en versión de Xosé Álvarez Alonso e con ilustracións de Agustín Comoto,  publica este libro de Ngũgĩ wa Thiong’o: unha fábula escrita en kikuyu que foi traducida a máis de oitenta idiomas en todo mundo. No libro latexa un recoñecemento á tradición da literatura oral e céntrase no relato da formación do corpo humano como resultado dunha dialéctica  entre as súas partes. Un libro incluído no catálogo da OEPLI 2018 como un dos mellores do ano.