Con ilustracións a cargo de Víctor Rivas chega ao Caderno da crítica a última incursión da escritora María Solar no ámbito da literatura infantil. O seu título é Quokka Moka e preséntase como “unha divertida aventura vivida entre o mundo do dereito e o mundo do revés”. Sexa benvida.