Novidade (128): Tres días e unha vida, de Pierre Lemaitre

Tres-dias_webEn tradución de Moisés Barcia e no selo Rinoceronte chega Tres días e unha vida, do escritor Pierre Lemaitre. Un dos máis reputados autores de novela negra, e que foi premio Goncourt con Au revoir là-haut (2013), presenta aquí unha proposta que parte da desaparición dun neno para se introducir nas sempre complexas dimensións da condición humana e o concepto da culpabilidade.