Festexa o Caderno da crítica a aparición da novela Eternos propietarios, do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda, que foi hai uns meses Premio de Novela da editorial Do Peirao. Na acta do premio salientouse que a novela foi quen de mesturar contidos de denuncia con momentos retranqueiros nunha obra coral que vai desvelando novas tramas a medida que avanza a obra. Agora xa a disposición de todas as persoas interesadas nunha edición moi coidada que convida a coñecer a todas as persoas que habitan nese “edificio das Marabillas”.