Xosé de Cea, que publicara hai algún tempo un apreciable libro poético baixo o título de Vilareda, asoma agora no ámbito da literatura xuvenil, e non só, con Revolución detrito, que asemade foi finalista no Premio Raíña Lupa, convocado pola Deputación da Coruña.
Esta estrea narrativa de Xosé de Cea, moi ben deseñada na súa arquitectura, articúlase como unha distopía, ou talvez non tanto, onde a realidade bate de fronte e golpea a vida cotiá duns seres desamparados pero conscientes da súa situación e do que cómpre facer para cambiala. En breve máis sobre este libro que recomendo vivamente.