Extraordinaria, e precisa, edición crítica de «En las orillas del Sar» baixo a responsabilidade do profesor e escritor Anxo Angueira, un dos nosos máximos rosaliálogos e presidente da Fundación Rosalía de Castro. Nela, alén dos textos rosalianos, ofrécese un longo estudo introdutorio, un repertorio minucioso de notas sobre os textos e actualizados e suxestivos comentarios de cada un dos poemas. Unha edición modélica para un libro modélico.